Érase unha vez, nun recunchiño da vila de Vigo, unha... ¿escola?
Cada mañá, María tiña que subir unhas interminables escaleiras, co peso da mochila á espalda, para chegar a una gran porta de ferro; adentrarse no vello edificio por corredores grises, entre carteis con mensaxes de ¡SILENCIO, NON BERRES!, non comas, non corras, non fales, ... Non te relaciones, non te comuniques nin rías nin xogues.
Tras moitos anos de negra sombra, os profesores, motivados por un alumnado estupendo e cheo de enerxía (¡bravo!), reunímonos nunha das nosas inaccesibles salas de profesores para analizar o problema. ¿Realmente é a escola, o lugar de aprendizaxe, un inimigo antagónico e incompatible coa comunicación, o benestar e o lecer? Se os adultos sempre pensamos que rendimos mellor no traballo se hai un entorno agradable, ¿por que non aplicamos esta mesma idea aos máis novos?
De maneira que decidimos iniciar unha serie de proxectos coa vosa colaboración. Con este blog o que pretendemos é crear un punto de encontro para todas aquelas almas inquedas pola arte. Cada alumno poderá compartir os seus gustos e pensamentos, información acerca dos seus artistas preferidos.
¡Mans á obra! ¡Comezamos!

No hay comentarios:
Publicar un comentario